Sergio Portela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sergio Portela Campos")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sergio Portela
Nacemento1970
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescultor, pintor e arquitecto
PaiCésar Portela
NaiPascuala Campos de Michelena
editar datos en Wikidata ]
Monumento ó Capitán Nemo, en Cesantes, Redondela.

Sergio Portela Campos, nado en Madrid en 1970 e criado en Pontevedra desde 1971, onde reside, é un pintor, escultor e arquitecto galego, fillo do tamén arquitecto César Portela.

Comezou na pintura pero pronto paso a outras áreas (escultura, arquitectura e fotografía), e existen esculturas súas en diferentes cidades galegas, como Pontevedra (Centro Social Caixanova) Vigo (Museo do Mar), Tui, Lalín, Redondela (Monumento al Capitán Nemo[1]), Vilalba, Santiago ou A Coruña, así como noutras cidades españolas.

Outras das súas actuacións foron a reconstrución do foxo do lobo no Concello de Cotobade así como de muíños de auga e de vento no mesmo concello.

Obra en Lalín[editar | editar a fonte]

No ano 2002 construíu en Lalín un conxunto escultórico na carballeira da Crespa que no ano 2008 foi trasladado á carballeira do Rodo, próxima ó casco urbano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Monumento ó Capitán Nemo (2003)". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]