Palmou, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palmou
Lalín, Palmou, San Xoán 01-04.JPG
Igrexa de San Xoán de Palmou.
Concello Lalín
Área 4,5 km²
Poboación 167 hab. (2011)
Densidade 37,11 hab./km²
Entidades de poboación 12

San Xoán de Palmou é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 167 habitantes (84 mulleres e 83 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 225 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Co plan de arranxo da diocese lucense de 1890 foi suprimida a parroquia de San Pedro de Erbo e integrada na de Palmou.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O tímpano da igrexa, hoxe no Museo de Pontevedra.
O tímpano na actualidade.

A igrexa é de arquitectura románica. O seu tímpano, coa representación da loita de Sansón e o león, peza dada a coñecer por Xosé Ramón Fernández-Oxea nos anos trinta do século XX, é a cabeza de serie dun grupiño de sete tímpanos co mesma escena. Saído ilegalmente de España, o seu rastro foi atopado por Carlos Sastre Vázquez,[1] e recuperado pola Deputación de Pontevedra. Hoxe exhíbese no Museo de Pontevedra.

O castro de Palmou está definido por un recinto principal de forma tendente a oval e de orientación aproximada nordés-suroeste ao que se acaroa un segundo recinto polo N e NL. A coroa ten un eixo maior duns 80 m ao interior e 100 m ao exterior. No eixo menor mide 75 m ao exterior e 60 ao interior. O seu perímetro aparece defendido, excepto na esquina sueste, por un terraplén que alcanza un maior resalte na metade oeste cunha caída máxima duns 8 m. Nas zonas sur e oeste o terraplén aparece reforzado polo exterior cun foxo que nalgún punto non é doado de identificar pola densa vexetación. Na zona oriental o sistema defensivo aparece bastante desmantelado. A entrada á coroa, probablemente estivese situada no cuadrante sueste, que é a zona máis modificada polos labores agrícolas.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Palmou[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Palmou no concello de Lalín (Pontevedra)

O Barreirón | O Campo da Estrada | A Cima de Rielo | O Couto | Erbo de Abaixo | Erbo de Arriba | A Estrada | Palmou | Pazos | A Pedreira | Quintá | Regufe | Rielo | As Tabernas

Parroquias de Lalín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]