Losón, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°44′43″N 8°12′55″O / 42.74528, -8.21528

Losón
Lalin. Corpino. Galiza 01.jpg
Concello Lalín
Área 9,7 km²
Poboación 349 hab. (2011)
Densidade 35,98 hab./km²
Entidades de poboación 18

Santa Baia de Losón é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 349 habitantes (179 mulleres e 170 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 456 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O castro de Losón, ou castro do Corpiño ten un recinto de planta lixeiramente ovalada e varias estruturas defensivas exteriores ao sueste. No eixo NO-SL mide uns 70 m ao interior e 120 m ao exterior; considerando as defensas exteriores chégase aos 160 m. O eixo NL-SO mide 70 m no interior e uns 100 m ao exterior. No cume hai unha pequena acrópole que no sector sueste deixa ver un afloramento rochoso, que aparenta terse utilizado antigamente como canteira. O recinto está rodeado por terraplén máis pronunciado na metade oeste. Presenta parapeto entre o norte, leste e sur, cunha interrupción cara ao leste (que parece froito dunha alteración moderna).[1]

Nesta parroquia está situado o Santuario da Nosa Señora do Corpiño, nun pequeno outeiro situado no alto do val do río Deza, a medio camiño na estrada que vai de Silleda a Vila de Cruces. O Santuario é de estilo neoclásico e foi construído no século XVIII, aínda que se cre que xa existía un antecedente no século X. É un centro de comercio na zona xa que numerosos postos de venda se reúnen nas inmediacións da igrexa os días de misa para vender os seus produtos (embutidos, rosquillas, artesanía) aos numerosos devotos que van mostrarlle os seus respectos á Virxe do Corpiño. No interior da Igrexa está absolutamente prohibido acender candeas e cirios, xa que causan danos nos frescos recentemente restaurados. Hai un edificio ó lado da igrexa adicado especialmente a albergar estes obxectos, ademais dunha pequena tenda de artigos relixiosos.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Losón[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Losón no concello de Lalín (Pontevedra)

A Abeleira | O Alle | Brenzos de Abaixo | Brenzos de Arriba | O Corpiño | A Devesa de Abaixo | A Devesa de Arriba | O Lameiro | Losón | Milleirós | Montouto | O Outeiro | Porto do Carrio | Ribas | San Martiño | Senín | A Senra | Souto

Parroquias de Lalín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]