Cangas, Lalín
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cangas.
| Cangas | |
|---|---|
Portada da igrexa de Santa Mariña de Cangas. | |
| Concello | Lalín[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°44′28″N 8°06′48″O / 42.7410546, -8.1132385 |
| Área | 4,5 km² |
| Poboación | 96 hab. (2011) |
| Densidade | 21,33 hab./km² |
| Entidades de poboación | 3[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa Mariña de Cangas é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 96 habitantes (51 homes e 45 mulleres), distribuídos en tres entidades de poboación: Cancelas, Montrigo e a mesma Cangas; o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 132 habitantes.
Economía
[editar | editar a fonte]Cangas vive da agricultura e do gando, cunha importante poboación nova que aínda vive na parroquia. A gran maioría traballa e estuda fóra, o que traerá o avellentamento da poboación canguesa.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Posúe unha igrexa do século XII de importante valor arquitectónico: arquivolta semicircular, columnas lisas e monolíticas, vestixios das dúas portas laterais e unha soa nave. Conta tamén con dúas capelas e varios cruceiros.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Muro sur da nave e presbiterio da igrexa de Cangas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cangas
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Cangas no concello de Lalín (Pontevedra) | |
|---|---|
Parroquias de Lalín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cangas na web do concello de LalínArquivado 18 de abril de 2016 en Wayback Machine.