Castro de Cabras, Lalín
| Castro de Cabras | |
|---|---|
Igrexa e cemiterio de San Pedro de Castro de Cabras. | |
| Concello | Lalín[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°38′59″N 8°00′40″O / 42.6497183, -8.011225 |
| Área | 10 km² |
| Poboación | 112 hab. (2011) |
| Densidade | 11,2 hab./km² |
| Entidades de poboación | 4[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Pedro de Castro de Cabras é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 112 habitantes (56 mulleres e 56 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 134 habitantes.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo é o latín castrum, que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.[2][3]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O castro de Castro de Cabras foi estudado por investigadores da cultura castrexa, como Fermín Bouza Brey, Florentino López Cuevillas ou Alfredo García Alén. aparece definido por un recinto de forma triangular redondeada con eixo maior de orientación NS que mide 75 m de lonxitude, tomados no seu interior. No seu eixo menor ten uns 55 m de medida máxima. As defensas naturais, moi marcadas especialmente na súa metade norte, compleméntanse cun terraplén de terra que percorre o seu perímetro. Na zona oriental do recinto destaca un gran afloramento rochoso que determina que a superficie da coroa presente unha acusada inclinación cara ao oeste, respectando a configuración natural do terreo. A presenza desde afloramento pode levar a confundir nalgún punto a subida do terreo coa existencia dun parapeto que, polo menos nas zonas que puideron ser inspeccionadas, non parece claro. Na zona setentrional pódese identificar unha sondaxe de 1,80 m por 3 m que, segundo informante local (do mesmo xeito que outros buratos detectados), se debe a traballos de furtivos.[4]
A igrexa de San Pedro de Castro de Cabras é románica, conserva a portada, o arco triunfal e os capiteis, pero a fábrica primitiva foi totalmente reformada.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Portada da igrexa de San Pedro de Castro de Cabras.
-
Cruceiro de Castro de Cabras.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Castro de Cabras
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Castro de Cabras no concello de Lalín (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Castro | Eirexe | Froxán | As Tecedeiras |
Parroquias de Lalín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para castro.
- ↑ "Entrada castro en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2018. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ Ficha arqueolóxica do castro de Cabras Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Castro de Cabras na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.