Saltar ao contido

Filgueira, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Filgueira
Igrexa de Santa María de Filgueira.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°41′25″N 8°08′11″O / 42.6901876, -8.1365053
Área8,4 km²
Poboación410 hab. (2011)
Densidade48,81 hab./km²
Entidades de poboación13[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Filgueira é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2011 tiña 410 habitantes (223 mulleres e 187 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 455 habitantes.

Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Filgueira.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O fitónimo galego Filgueira (do latín FĬLĬCARIA, derivado de FĬLIX, -ĬCIS)[2][3] refírese a un lugar abondoso en fentos. A súa orixe dáse entre o século X e XIII.[4][5][6]

Foi unha doazón feita polo diácono Nuño ao Convento de San Paio de Antealtares (en Santiago de Compostela).

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

O castro de Pena da Cunca, en Cima de Alle, ten un único recinto de forma oval. Presenta as seguintes dimensións: no eixo N-S mide 90 m (interior) e uns 100 m (exterior). No eixo L-O mide 75 m (interior) e uns 85 m (exterior). Presenta como única defensa un terraplén moi arrasado cunha altura de entre 1 m e 1,5 m. Na zona oeste, polo exterior do recinto, intúese unha depresión pequena pegada ao terraplén, que parecen ser os resto dun foxo cegado e modificado por recheos.[7]

A igrexa, situada no lugar de Filgueira, apenas garda recordos de vellos tempos, xa que está desvirtuada pola funcionalidade dos templos rurais ampliados nas dúas últimas centurias. A fachada posúe unha forte liña de cornixa da que sobresae o campanario de dobre arco coroado con pináculos.

No lugar de Cardexía está o pazo de Cardexía, unha casa grande fidalga que ten un balcón sobre columnas, unha poderosa cheminea e os escudos dos Taboada, Deza, Salgado e Gil. De planta rectangular e fábrica de cantería pequena, na fachada principal hai unha porta e ventás rectangulares e un balcón sobre tres columnas de pedra.

No lugar do Espiño permanecen aínda os restos dunha importante fábrica de curtidos que funcionou ata ben entrado o século XX. O lugar de Espiño conta tamén cunha capela de nova construción dedicada ao culto da virxe de Fátima.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Filgueira

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Filgueira no concello de Lalín (Pontevedra)

O Agriño | Cardexía | A Cima do Alle | A Ermida | O Espiño | Filgueira | O Fondo do Alle | Outeiro | O Porto do Alle | As Queimadas | Ribas Altas | A Senra | Vilar

Parroquias de Lalín

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 260. ISBN 84-95892-53-7. 
  3. Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 203. Ed. Xerais, Vigo 1992.
  4. Landín Carrasco, A. (1995). Notas de toponimia gallega. Pontevedra: Museo de Pontevedra. T. XLIX. pp. 499–539. 
  5. Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 
  6. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 
  7. Ficha arqueolóxica do castro de Filgueira Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]