Pazo de Liñares
| Pazo de Liñares | |
|---|---|
| Liñares | |
|
Instancia de
| |
| Localización | |
|
Situado en
| |
| Patrimonio cultural | |
| Ben de Interese Cultural | |
| Fontes e ligazóns | |
| Wikidata C:Commons |
O Pazo de Liñares é unha casa señorial localizada no lugar de Liñares, na parroquia de Prado (Lalín).
Historia
[editar | editar a fonte]Aínda que a construción orixinaria do edificio é do século XVI, a súa fundación foi a finais do século XVII por Álvaro Núñez Taboada, da Casa de Bendoiro. A familia Taboada foi propietaria do pazo durante catro séculos, ata a primeira metade do século XX, no que o perderon tras unha partida de cartas. No pazo, naceu no 23 de setembro do 1895 o pioneiro da aviación Joaquín Loriga, pasando ademais a súa infancia neste edificio.
Foi adquirido polo concello de Lalín a finais do ano 2002. No ano 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de Monumento por Decreto 334/2009 de 4 de xuño da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. As obras de rehabilitación comezaron o día 14 de abril de 2011, e asinouse a recepción das mesmas o 28 de febreiro de 2013.
Estilo
[editar | editar a fonte]O pazo é de estilo barroco. É de planta rectangular de cantería cunha gran fachada principal á que abre os balcóns e fiestras. Distribuído en tres plantas, supera os 800 metros cadrados construídos. Na fachada posterior destaca unha galería de cinco arcos de medio punto e escudos no peitoril. Ademais conta cun anexo en forma de 'L' no seu sector suroeste, cunha capela e cun pombal. Nos escudos do pazo campean as armas dos Mosqueira, Churruchaos e López de Lemos xunto ás dos Taboada. No interior salienta a lareira, pola súa gran dimensión e por estar coroada por unha singular cheminea.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Entrada ao pazo.
-
Patio e fonte.
-
Fachada Exterior
