Xosé Crespo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Crespo
Nacemento12 de maio de 1959
Lugar de nacementoLalín
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
IrmánsAntonio Crespo Iglesias
Na rede
IMDB: nm3181855 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xosé Crespo Iglesias,[1][2][3][4][5] nado no Souto, Xaxán (Lalín) o 12 de maio de 1959, é un político galego do Partido Popular de Galicia.

Papeleta dos candidatos ao Senado por Pontevedra nas Eleccións Xerais de 2016.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Lugo e iniciou estudos de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa carreira política como pedáneo da súa parroquia. Participou na constitución da cooperativa Aprodeza, da que foi presidente. Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido concelleiro polo Partido Popular na lista que encabezaba Xosé Cuíña. Cando Cuíña foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra sucedeuno como alcalde de Lalín o 3 de febreiro de 1990. Continuou como alcalde de Lalín ao gañar as eleccións de 1991, 1995, 1999, 2003, 2007 e 2011 con maioría absoluta.

É secretario comarcal do Partido Popular de Deza e foi vicepresidente da Deputación de Pontevedra.

O 4 de decembro de 2003 converteuse en presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), posto que ocupou ata 2007. O 31 de maio de 2005 accedeu á vicepresidencia do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp), posto que abandonou o 19 de setembro de 2015.

Designado coordinador da campaña electoral para as eleccións autonómicas de 2005, o 15 de xaneiro de 2006 foi nomeado secretario de organización do PPdeG.

Nas eleccións xerais de 2015 foi elixido senador pola provincia de Pontevedra.

É alcalde de Lalín dende 2019, cando volveu gañar por maioría absoluta.

Vida familiar[editar | editar a fonte]

É irmán de Antonio Crespo Iglesias, veterinario e tamén político do PP e, desde 2016, Presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Xosé Cuíña
 Escudo de Lalín.svg
Alcalde de Lalín
 
1990 - 2015
Sucesor:
Rafael Cuíña
Predecesor:
Rafael Cuíña
 Escudo de Lalín.svg
Alcalde de Lalín
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
Manuel Cabezas
 Presidente da Fegamp 
2003-2007
Sucesor:
Carlos Fernández Castro