Gresande, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gresande
Igrexa de Santiago de Gresande, Lalín.JPG
Igrexa de Santiago de Gresande.
Concello Lalín
Área 3,9 km²
Poboación 205 hab. (2011)
Densidade 52,56 hab./km²
Entidades de poboación 6

Santiago de Gresande é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 205 habitantes (105 mulleres e 100 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 228 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Cruzada pola estrada de Vilatuxe a Prado.

Historia[editar | editar a fonte]

O castro de Gresande está composto por un recinto de planta oval irregular, cun complexo sistema defensivo na entrada. A coroa presenta as seguintes dimensións: no eixo NL-SO 130 m (interior) e 165 m (exterior); se se teñen en conta tamén as defensas exteriores, a lonxitude é de 195 m; no eixo NO-SL mide 85 m (interior) e 125 m. (exterior); se se teñen en conta tamén as defensas exteriores, a lonxitude é de 155 m. A coroa está enteiramente rodeada por un parapeto, que chega a acadar unha altura máxima duns 6 m na zona oeste, agás a zona de entrada ao recinto polo leste.[1]

En 1906 creouse na parroquia a Sociedad de Agricultores de Gresande, que foi a máis importante do concello de Lalín.

Festas[editar | editar a fonte]

Celebra festas na honra de Santiago e de San Ramón "o das preñadas".

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Gresande[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Gresande no concello de Lalín (Pontevedra)

O Campo | Insua | Porreiros | Ramil | O Souto | Vales

Parroquias de Lalín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]