Verdad y Justicia (Lalín)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Verdad y Justicia
PaísEspaña
Fundación1922
Última edición1924
editar datos en Wikidata ]

Verdad y Justicia foi un periódico bimestral que se editou en Lalín entre 1922 e 1924.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 18 de abril de 1922. De tendencia agrarista, foi fundado polos emigrantes retornados de Cuba Máximo López Carral e Jesús Iglesias Surribas. Máximo López foi o seu primeiro director e Jesús Iglesias o administrador. Cando Máximo López volveu a Cuba, Jesús Iglesias converteuse en director. Entre os seus colaboradores figuraban Jesús Filloy e Xesús Froiz. Foi acosado polas autoridades e atacado pola Igrexa; en xaneiro de 1923 o bispo de Lugo prohibíu a súa lectura. Cesou a súa publicación en decembro de 1924 cando o seu director, Jesús Iglesias volve precipitadamente a Cuba.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]