Maceira, Lalín
| Maceira | |
|---|---|
Igrexa de San Martiño de Maceira. | |
| Concello | Lalín[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°39′24″N 8°04′08″O / 42.6567668, -8.0689806 |
| Área | 11,7 km² |
| Poboación | 117 hab. (2017) |
| Densidade | 10 hab./km² |
| Entidades de poboación | 3[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Martiño de Maceira é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2010 tiña 123 habitantes (63 mulleres e 60 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 139 habitantes.
Nesta parroquia naceu o pintor Antón Lamazares.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Esta regada polos regatos Ribadeiro e Saldorio e destaca pola súa altura o monte O Penedo de 750 m.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Hai mámoas en Rodelas, Costa das Seixas e Cota da Mamoela.
O castro de Maceira está recollido no inventario da Xunta de Galicia, e menciónase localización de restos materiais durante a explanación dos terreos para a construción dunha granxa. Dado que non se fixeron estudos específicos, tampouco se pode precisar o grao de destrución, pois poden existir elementos no subsolo.[2]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Maceira
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Maceira no concello de Lalín (Pontevedra) | |
|---|---|
Parroquias de Lalín
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Maceira na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.