Soutolongo, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soutolongo
Igrexa de Santa María de Soutolongo, Lalín 2.JPG
Igrexa de Santa María de Soutolongo.
Concello Lalín
Área 7 km²
Poboación 290 hab. (2011)
Densidade 41,43 hab./km²
Entidades de poboación 11

Santa María de Soutolongo é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 290 habitantes (156 mulleres e 134 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 331 habitantes.

Nesta parroquia fundouse a Banda de música de Soutolongo e naceron os políticos Francisco Gil Taboada e Manuel Ferreiro Panadeiro.

Historia[editar | editar a fonte]

A parroquia aparece citada como Saltum Longum nunha doazón feita á igrexa de Compostela en 1108 e crese que xa por entón tiñan aquí o seu castelo residencia os señores de Arias do Deza.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O castro de Vilar está composto por un recinto central, cun amplo antecastro que se desenvolve cara ao sueste. As súas dimensión son: no eixo NL-SO mide 87 m polo interior e uns 100 m ao exterior; contando as estruturas exteriores á coroa chega aos 120 m. No eixo NO-SL mide uns 50 m no interior e 65 m polo exterior. O total do xacemento chega aos 160 m. A coroa está defendida por un terraplén artificial na súa metade leste, mentres que na zona oeste aproveita o terraplén natural cunha forte pendente cara ao río. No sector sueste hai un parapeto de terra defendendo a coroa, cunha altura máxima duns 2 m dende o interior.[1]

O pazo de Des ocupa unha superficie de 1.000 metros cadrados sobre un solar do século XV. No conxunto arquitectónico destaca o edificio central de tres corpos de corte neoclásico. Mandouno construír Francisco Gil Taboada, Vicerrei do Perú e Director Xeral da Armada.

A igrexa parroquial é dun sobrio barroco, no seu interior hai dous sepulcros pegados e outros dous con estatuas xacentes correspondentes aos señores de Des. No muro exterior pódese ver o seu escudo e os seus retratos murais na sancristía.

Outras casas fidalgas son a de Viñoa e a dos Infanzóns, na que naceu Benito Varela Jácome.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Soutolongo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Soutolongo no concello de Lalín (Pontevedra)

Carracedo | Des | Eirexe | Ludeiro | O Monte | O Pazo | Soutolongo de Abaixo | O Tarreo | Vilar | Viñoa | Vista Alegre

Parroquias de Lalín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]