Galegos, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galegos
Igrexa de San Miguel de Galegos, Lalín.JPG
Igrexa de San Miguel de Galegos.
Concello Lalín
Área 18 km²
Poboación 106 hab. (2012)
Densidade 5,89 hab./km²
Entidades de poboación 17

San Miguel de Galegos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2012 tiña 106 habitantes (58 mulleres e 48 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 136 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Miguel de Galegos é de estilo barroco do século XVIII, conserva unha antiga pía bautismal de granito.

O castro de Galegos é un poboado castrexo dun único recinto de forma ovalada irregular. O eixo maior ten orientación N-S e mide uns 50 m ao interior e 75 m ao exterior. O eixo L-O mide no punto máis ancho uns 50 m polo interior e 65 m no exterior. Se se inclúen as defensas exteriores chégase a unhas medidas máximas de 75 m. O recinto aparece defendido en todo o seu perímetro por un terraplén cun desnivel exterior duns 8 m no sueste. O parapeto tamén rodea todo o perímetro con caída ao interior duns 3 m e unha anchura media de 2 m, aínda que nalgún sector alcanza os 4 m. O parapeto parece construído con pedra e terra e non se pode descartar a existencia de muralla, pois nalgúns puntos hai pedras que parecen conformar unha estrutura muraria. De feito, na zona occidental, marcando a liña exterior do parapeto, obsérvase muro de cachotería de xisto en seco, que non se sabe se podería ter relación coa estrutura orixinal ou foi unha construción posterior.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Galegos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Galegos no concello de Lalín (Pontevedra)

Galegos | Penas | Toimil

Parroquias de Lalín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]