Parada, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parada
Igrexa de Santa María de Parada, Lalín.JPG
Igrexa de Santa María de Parada.
Concello Lalín
Área 11 km²
Poboación 76 hab. (2013)
Densidade 6,91 hab./km²
Entidades de poboación 3

Santa María de Parada é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2013 tiña 76 habitantes (38 mulleres e 38 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Logo do arranxo parroquial da diocese de Lugo de 1890, que suprimiu a parroquia de San Pedro de Alperiz, esta incorporouse á parroquia de Parada.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O castro de Parada está acollido á defensa natural do río Arnego. Confórmase a partir dun recinto principal de forma ovalada cun sutil estrangulamento na zona oriental. O eixo de maior é o N-S, que mide 100 m ao interior e 135 m ao exterior. O eixo L-O ten 80 m no interior e 100 no exterior. Todo o recinto aparece defendido cun terraplén. Na zona occidental hai restos dun parapeto. A zona central da coroa está ocupada por un afloramento de rochas graníticas e xistosas, que levanta entre 3 m e 4 m, reducindo a superficie habitable. Cara ao SSL o terraplén é de maiores proporcións, cunha caída menos vertical que no resto do recinto. Aquí é onde se sitúa a entrada ao recinto principal pola simple interrupción do terraplén. Ao traspasar a entrada accédese a unha área deprimida, delimitada polos bordos do propio terraplén e pola caída sur do afloramento que ocupa o centro do recinto. Esta zona está invadida por cascallos e vexetación, polo que non se poden precisar máis as súas características construtivas.[1]

O regueiro do Ferro segue o curso dun río que levaba a antigas explotacións mineiras. A Ponte dos Cabalos sobre o río Arnego é unha ponte romana.

A antiga igrexa da parroquia (xa desaparecida), mencionada como Parada de Felis, foi unha doazón feita a Carboeiro no ano 928 e estaba construída na cima do castro. No 1750 foi construída a actual igrexa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Parada[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Parada no concello de Lalín (Pontevedra)

Alperiz | A Eirixe | Parada

Parroquias de Lalín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]