Prado, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Prado
Igrexa de Prado.JPG
Igrexa parroquial
Concello Lalín
Poboación 222 hab. (2017)
Entidades de poboación 7

San Martiño de Prado é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (129 mulleres e 127 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 316 habitantes. A parroquia eclesiasticamente pertence á diocese de Lugo.

Economía[editar | editar a fonte]

Prado, ao estar situado no centro xeográfico galego, é un punto de confluencia importante. A estrada N-525 transcorre ao longo da parroquia. Conta tamén con farmacia, carnicerías, algunhas industrias e un restaurante. A industria máis coñecida é a de Toimil, unha fábrica de grúas principalmente pero tamén fabricou remolques para coches.[Cómpre referencia]

Historia[editar | editar a fonte]

En Prado celebrábase unha feira mensual os días 13 de cada mes, que lle proporcionaba unha activa vida comercial,pero dende fai anos deixouse de celebrar esta feira tan popular. Nesta parroquia naceu o político Xosé Cuíña. Xosé Cuíña fundou un muíño na parroquia de Prado o cal se chamou Muíño de Cuíña, e hoxe en día segue en funcionamente.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Ponte Taboada.
  • Pazo de Liñares, onde naceu o aviador Xoaquín Loriga. O cal se reformou completamente entre os anos 2015 e 2017.[Cómpre referencia]
  • A igrexa parroquial é de corte neoclásico, posúe unha única nave con ábsida rectangular. Na fachada destaca a liña de cornixa que a divide en dúas partes, coróase co campanario de dobre arco rematado con pináculos.
  • Capela da Santa Lucía, unha ermida de pedra na que destaca o campanario dun único arco rematado cun Agnus Dei, baixo o cal hai un nicho. Nela celébrase unha famosa romaría.
  • Parque de Prado, cun monumento ao aviador Xoaquín Loriga.

Educación e cultura[editar | editar a fonte]

En Prado está situado o Colexio Público de Educación Infantil e Primaria Xoaquín Loriga. Hai ademais un pavillón deportivo que é basicamente de uso escolar do colexio.O pavillón de dito colexio foi renovado interiormente no ano 2016.

En novembro de 2009, refundouse a antiga banda de música, A Lira de Prado (como presidente Antonio Costa) que dende entón comezou a percorrer distintos puntos da comarca do Deza, así como lugares incluso fóra de Galicia.

Festas[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Prado[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Prado no concello de Lalín (Pontevedra)

O Alto da Pena | A Borralla | A Carballeira | A Eirexe | Liñares | Outeiro | Padruxao

Parroquias de Lalín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]