Saltar ao contido

ANIRMAU

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ANIRMAU
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
2010 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
2011 Editar o valor en Wikidata
 Mes do ano
Localización
 Localización
 Sede
 País
Wikidata

ANIRMAU, tamén coñecido como ANIRMAU - Animation Film Festival, é un festival de cine de animación que se celebra dende 2010 en Lalín, no mes de abril.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Foi fundado en 2010 por Severiano Casalderrey, director e principal impulsor do evento que reúne anualmente unha selección de producións de animación de alcance internacional.

O festival ANIRMAU naceu co obxectivo de promover e dar a coñecer a animación audiovisual, e ser un punto de encontro entre os profesionais da animación galega. Caracterízase pola súa orientación didáctica, servindo como vehículo para os alumnos de secundaria da Comarca do Deza.

As principais sedes do festival son o IES Ramón Mª Aller Ulloa e as salas de cine Filmax. Consta de varias categorías avaliadas por un xurado profesional: curtametraxes de animación e animación multimedia (vídeos musicais, publicidade, cortiniñas e outros formatos alternativos). A edición 2013 destacou por introducir a modalidade de competición oficial de longametraxes de animación. A súa programación acostuma incluír homenaxes, retrospectivas e outras actividades paralelas como charlas, exposicións e talleres de animación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]