Cadrón, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cadrón
Igrexa de Santo Estevo de Cadrón, Lalín.JPG
Igrexa de Santo Estevo de Cadrón.
Concello Lalín
Área 5,8 km²
Poboación 155 hab. (2011)
Densidade 26,72 hab./km²
Entidades de poboación 3

Santo Estevo de Cadrón é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 155 habitantes (89 mulleres e 66 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 190 habitantes.

Nesta parroquia naceu o escritor e político José Luis Sucasas.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Conserva varias mámoas. O castro de Cadrón confórmase a partir dun único recinto de forma oval. O eixo maior ten orientación ONO-LSL e mide uns 90 m e o eixo NNO-SSL mide uns 50 m, tomados na zona máis ancha. Non se toman medidas no exterior polo mal estado de conservación das estruturas que impiden a súa perfecta delimitación. O recinto conserva terraplén por todo o seu perímetro, excepto no cuadrante NL. Presenta parapeto polo oeste e sur duns 4 m de anchura máxima e unha caída cara ao interior de 1 m. Na súa composición, ademais de terra había pedra de granito, a xulgar pola abundancia de restos pétreos no seu contorno, pero non se pode precisar se conformaba unha estrutura muraria.[1]

A igrexa parroquial, que foi reconstruída a finais do século XIX, está presidida por un campanario en forma de camarín de pedra. Na arquitectura popular destaca a Casa do Fidalgo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cadrón[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cadrón no concello de Lalín (Pontevedra)

Cadrón | O Castelo | Lamas

Parroquias de Lalín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]