Vilanova, Lalín
| Vilanova | |
|---|---|
Igrexa parroquial. | |
| Concello | Lalín[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°36′49″N 8°07′43″O / 42.61368123, -8.12858527 |
| Área | 11 km² |
| Poboación | 174 hab. (2017) |
| Densidade | 15,82 hab./km² |
| Entidades de poboación | 12[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Xoán de Vilanova é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2009 tiña 223 habitantes, distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 275 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O castro de Vilanova consta dun recinto de forma oval irregular. O eixo NL-SO, mide uns 110 m no interior e 120 m no exterior. O eixo NO-SL mide 90 m no interior e 100 m exterior, no punto máis ancho. Todo o perímetro está protexido por un terraplén aparentemente de terra, aínda que nalgúns puntos se aprecia a existencia de pedra. Na zona sueste e na sur hai muros de pedra, de cachotaría de xisto, que non alcanzan toda a extensión do terrapléns e non parecen relacionados claramente coa estrutura orixinal. No interior da coroa destaca un afloramento rochoso bastante prominente que funciona como unha especie de parapeto, pois o forte desnivel no sueste foi aproveitado para reforzar as defensas. Precisamente neste sector, ao sur do recinto, é onde está a entrada mediante a interrupción do terraplén.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Vilanova.
- Igrexa de Vilanova.
- Igrexa de Vilanova.
- Portada da igrexa de Vilanova.
- Inscrición na parede da igrexa de Vilanova.
- Estación de San Xoán de Vilanova.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilanova
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Vilanova no concello de Lalín (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Abeleda | O Barreiro | A Canda | As Carreiras | Corrigatos | Costoia | O Cruceiro | Mouriscade | Os Muíños | San Tomé | Vilanova | Vilar do Monte |
Parroquias de Lalín
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vilanova na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.