Pedro de Llano Cabado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro de Llano Cabado
Nacemento1947
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Politécnica de Madrid
Ocupaciónarquitecto
PaiPedro de Llano López
Na rede
Dialnet: 3076919
editar datos en Wikidata ]

Pedro de Llano Cabado, nado na Coruña en 1947, é un arquitecto galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo do xornalista Pedro de Llano López. Licenciado en arquitectura pola Universidade de Madrid (1976). Realizou a súa tese doutoral Tipoloxías espaciais e construtivas na arquitectura popular galega na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Foi catedrático de Análise Arquitectónica da ETSA. Foi responsable de artes plásticas do Consello da Cultura Galega.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ons, a arquitectura dunha comunidade desaparecida, 1981.
  • Arquitectura popular en Galicia, 1983.
  • Alejandro de la Sota. O nacemento dunha arquitectura, 1994.
  • Arquitectura popular en Galicia. Razón e construcción, 1996
  • Compañeros de oficio, 2013.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Marga Neira López, filóloga especializada en lexicografía galega. Os seus fillos son o comisario e investigador da arte Pedro de Llano Neira e o xornalista Pablo de Llano Neira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]