Afonso III de Oviedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Afonso III o Grande
Afonso III o Magno (Tumbo A), r.jpg
Rei de Galiza
866-910
PredecesorOrdoño
SucesorGarcía I

Coroación866
Nacemento848
Falecemento20 de decembro de 910
Zamora
SepulturaCatedral de San Salvador de Oviedo
Cónxuxe/sXimena Garcés
DescendenciaFroila II
García I
Ordoño II
Gonzalo
ProxenitoresOrdoño
Munia

Sinatura-de-Afonso-III-de-Oviedo,-rei-da-Galiza.png

Afonso III alcumado o Grande, nado no 848 e finado en Zamora o 20 de decembro de 910, foi un nobre medieval, rei de Galiza entre os anos 866 e 910. Fillo do rei Ordoño I, foi o derradeiro rei da Galiza altomedieval que reinou desde a cidade de Oviedo (rex in Oveto). A súa autoridade real foi seriamente cuestionada en varias ocasións durante o seu reinado.

Afonso III case de xeito invariábel chamábase a si nos seus diplomas sobreviventes simplemente «rei Afonso» (Adefonsus rex).[1][a] Nas crónicas musulmás de Ibn Haián e Al-Razí é chamado continuamente rei de Galiza e rei dos galegos.[4][5] Alén disto, o musulmán Ibn Marwán, señor de Mérida, foi alcumado «o Galego» (al-Yiliquí) por mor da súa amizade con Afonso.[6] Igualmente, o papa Xoán VIII dirixíuselle, nunha carta contra o ano 876, como «rei dos galegos»/«rei das Galizas» (regi Gallaeciarum / regi Gallitiarum).[7][8][9] Con todo, é común a suplantación da súa titulación pola de rei de Asturias, denominación esta creada na España do século XIX polos primeiros historiadores romanticistas como Modesto Lafuente en pleno período de creación do nacionalismo español contemporáneo, que mantén gran vixencia na actualidade.

Reinado[editar | editar a fonte]

Durante o seu mesmo acceso ó trono, o conde galego Froila rebelouse contra el, apañándolle o trono e proclamándose rei de Galiza, en Oviedo. Isto obrigou a Afonso III a refuxiarse en Castela, de onde regresou unha vez derrotado e morto o rei Froila, uns meses máis tarde. Esta non foi a única actitude hostil cara ó seu reinado por parte dos nobres galegos, xa que nun documento da doazón das salinas da Lanzada por parte do rei á igrexa de Santiago, no 886, relátase que as salinas pertenceran a Hermenexildo Pérez e á súa dona Iberia, que se sublevaron contra Afonso e, xunto con outros cómplices, planearon a súa morte.

Así pois cedeu o goberno de Galiza ó seu fillo, o príncipe Ordoño, quen rexeu en vida de Afonso III, e por encargo del o Reino da Galiza, consolidándoo durante un período de fraqueza dos Omeias de Córdoba.

En 868 conquista o Porto e, en 878, a cidade de Coímbra. Ordena a redacción das súas crónicas, coa que pretendía establecer un vinculo xenealóxico entre el e os derradeiros reis visigodos.

Traslado da sede rexia á cidade de León[editar | editar a fonte]

Mapa da Galiza altomedieval no ano 891, onde se reflicten os diferentes territorios do reino.

Tempo antes do ano 910 os monarcas galaicos comezaron trasladar funcións militares e políticas desde antiga capital Oviedo ata unha cidade máis ao sur, León. A cidade de León, sita na Gallaecia dende o Imperio Romano supoñía un importante enclave estratéxico, onde confluian dúas importantes rutas; por unha banda a vía que unía Braga con Bordeos, e por outra a ruta da prata, que chegaba a Galiza dende Spania, pasando polas cidades de Sevilla e Mérida.

O feito de que León carecera de bispo e señores feudais —non así na veciña Astorga- ó igual que acontecera con Oviedo, facía daquel antigo asentamento militar romano unha encrucillada idónea para asentar a nova corte. León, unha cidade estratexicamente útil situada na Galiza altomedieval como destacaban os propios cristiáns in civitate que vocitatur Legio, territorio Gallecie (na cidade que chaman León, territorio de Galiza) ou in Legione de Galletia (en León de Galiza) e musulmáns, convertíase a comezos do século X na nova capital dos reis.

Miniatura medieval do Libro dos Testamentos (Oviedo) no que se representa ao rei Afonso III coa raíña Ximena e o bispo Gomelo II.

Derrocamento e título[editar | editar a fonte]

Pouco antes do ano 910 Afonso III sufría unha nova tentativa de derrocamento, esta vez a mans do seu fillo primoxénito, García. Casado con Munia -filla do conde castelán Munio Fernández-, García encabezou a conxura instigado polo seu sogro, quen se resistía a acatar a autoridade real en Castela. Tras un período de inestabilidade política, Afonso III deixa finalmente o poder, herdando García o reino e facendo efectiva finalmente o traslado da sede rexia desde Oviedo ata León.

Así pois, García comezou a reinar toda a Galiza desde o ano 910 con capital na cidade de León, os seus irmáns, supeditados á autoridade real de García, administraron os territorios afíns a eles, Ordoño administrou a franxa occidental (a actual Galiza e norte de Portugal e Froila a franxa cantábrica (actuais Asturias e Cantabria).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nun diploma do ano 897, elaborado no século XII e considerado falso,[2] Afonso aparece tamén titulado como «príncipe de toda Galiza» (Princeps totius Galletiae).[3]
Refeencias
  1. Fletcher, Richard A. (1984). Saint James's Catapult: The Life and Times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela (en inglés). Oxford: Oxford University Press. p. 319. ISBN 0198225814. 
  2. Díaz Salvado, María Elena (2011). Falsos y falsificaciones en documentación latina medieval del Reino de León (PDF) (Tese) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. pp. 438–439. 
  3. Risco, Manuel (1796). España Sagrada (en latín). XL: Antiguedades de la ciudad y s.ta iglesia de Lugo. Madrid. pp. 384–392. 
  4. Gómez-Moreno, Manuel (1917). Desglose de “iglesias mozárabes” (en castelán). Centro de Estudios Históricos. Junta para Ampliación de Estudios. pp. 105–140, en 107. Adefonso hijo de Ordoño, rey de Galicia 
  5. López Carreira 2005, p. 228: “García fillo de Afonso, rei dos galegos”, “Ordoño fillo de Afonso, rei dos galegos”, “García fillo de Afonso desacatara o seu pai, rei de Galicia”, “Ordoño fillo de Afonso, rei de Galicia”.
  6. López Carreira 2005, p. 203.
  7. Murado López, Miguel-Anxo (2013). Outra idea de Galicia. Debate. p. 60. ISBN 978-84-9992-346-8. Adefonsus regi Gallaeciarum 
  8. Vigil, Ciriaco Miguel (2003) [1887]. Asturias monumental, epigráfica y diplomática (en castelán). Maxtor. p. 57. ISBN 84-9761-086-5. Adefonso glorioso regi Gallitiarum 
  9. López Carreira 2005, pp. 222, 232. “Adefonso glorioso regi Gallitiarum

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Afonso III de Oviedo
Dinastía Ramírez
Nacemento: 848 Falecemento: 20 de decembro 910


Títulos Reais
Precedido por
Ordoño I


Rei de Galiza
866–910
Sucedido  por
García I