Farallón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Old Man of Hoy, Escocia.
Big Flowerpot, Flowerpot Island Ontario, Canadá
Un farallón na costa oeste de Suðuroy, illas Feroe
Exemplo de farallón en formación, Yesnaby, Mainland Orkney

Un farallón[1] é unha formación rochosa que consiste nunha columna ou columnas de rocha, fortes e con frecuencia verticais, que sobresaen no mar ou preto da costa, que quedaron illadas doutras rochas pola erosión.[2] Noutros idiomas utilízanse en xeomorfoloxia termos con significado similar para describilos, como stack, en inglés, raukar, en sueco, ou kekur, en ruso.

Formación[editar | editar a fonte]

Orixínanse por procesos de xeomorfoloxía costeira, que son completamente naturais: o decurso do tempo, o vento e a auga son os únicos factores que interveñen na súa formación.[3] Fórmanse cando unha parte dun promontorio é erosionado pola acción da auga, que é o bater do mar ou da auga que choca contra a rocha. A forza da auga debilita as gretas do promontorio, provocando o seu posterior colapso, formando un farallón ou stack permanente e mesmo unha pequena illa. Os farallóns adoitan ser importantes lugares de nidación para as aves mariñas, e moitos son populares destinos de escalada.

Os farallóns ou stacks fórmanse habitualmente en zonas con capas horizontais de rochas sedimentarias ou volcánicas, en especial nos acantilados de pedra calcaria. Estes tipos de rocha teñen unha resistencia media á erosión. Unha capa máis resistente pode formar unha tapa de remate. Os acantilados con rochas débiles, tales como as arxilas, tenden a afundirse e erosionarse demasiado rápido como para que cheguen a formar farallóns, mentres que as rochas máis duras, como o granito, poden erosionarse de diferentes maneiras.

O proceso de formación, en xeral, comeza cando o mar ataca pequenas gretas nun promontorio e as abre. As gretas fanse logo gradualmente máis grandes e convértense nunha pequena cova. Cando a cova progresa a través do promontorio, fórmase un arco. Unha maior erosión fai que o arco colapse, deixando un piar de rocha dura en pé, a distancia da costa, o farallón. Finalmente, a erosión causara que o propio farallón acabe por colapsar, deixando un "toco". Este toco que quedou adoita ser unha pequena illa rochosa, que adoita quedar mergullada en marea alta.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para farallón.
  2. Easterbrook, D.J. "Surface Processes and Landforms", p. 442, Prentice Hall, Upper Saddle River, New Jersey, 1999.
  3. "Sea stacks" britannica.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]