Igrexa de Linde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Linde
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónLinde
Coordenadas57°16′47″N 18°22′47″L / 57.27969444, 18.37975Coordenadas: 57°16′47″N 18°22′47″L / 57.27969444, 18.37975
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
Estiloarquitectura románica
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Linde (sueco: Linde kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Linde, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

A igrexa de Linde é un edificio románico homoxéneo. A construción da presente estrutura comezou a finais do século XII co coro e a ábsida, seguida pola nave levantada no primeiro cuarto do século XIII, e rematou coa torre a mediados dese século. No portal norte da nave existía unha inscrición (hoxe desaparecida) co ano 1251, que podería ser o ano de inauguración da igrexa.[1] Unha única gran fiestra gótica foi insertada na parede oriental no século XIV, ao mesmo tempo que o arco triunfal foi ancheado e apuntado. Entre 1951 e 1952 a igrexa foi restaurada,[2] e entre 1973 e 1975 pasou por outra restauración.[3]

É probable que a presente igrexa estivese precedida por unha stavkirke. As dúas portas medievais da nave teñen anchas táboas de carballo que pode que se reutilizasen dun edificio anterior.[1]

Os portais da nave e do coro están decorados con esculturas románicas. No interior, a igrexa está decorada con frescos. No muro norte hai un conxunto de pinturas que representan a Paixón de Cristo e que datan do século XV. No muro occidental hai outro conxunto, tamén do XV, que mostra mulleres acosadas por demos. Entre o mobiliario destaca o retablo de 1521. Nel represéntase a Deus Pai con Cristo, e con Santo Exídio e San Olaf aos lados. Ademais, as portas do retablo contán esculturas dos apóstolos, San Canuto, San Eric e Santa Bríxida. A igrexa tamén contén unha copia dunha cruz triunfal que se atopa no Museo de Historria Sueco. O orixinal data de finais do século XII. Tamén se conservan dúas pías bautismais no edificio. Son probablemente do século XII e unha delas talvez sexa un traballo do canteiro coñecido como Hegvald.[2]

Ao suroeste da igrexa atópanse as ruínas dunha casa medieval, probablemente a antiga casa reitoral.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Erland., Lagerlöf, (1981). Linde kyrka. Almqvist & Wiksell international. ISBN 91-7192-497-3. OCLC 13456869. 
  2. 2,0 2,1 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 197–198. ISBN 9129410355. 
  3. 3,0 3,1 "Gotland kn, Linde kyrkogården 1:1 Linde kyrka". Riksantikvarieämbetet. Consultado o 28 de xullo de 2018.