Igrexa de Ekeby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa de Ekeby
Igrexa de Ekeby.jpg
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland Gotland vapen.svg
LocalizaciónEkeby
Coordenadas57°35′42″N 18°30′53″L / 57.59513, 18.5147Coordenadas: 57°35′42″N 18°30′53″L / 57.59513, 18.5147
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Ekeby (sueco: Ekeby kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Ekeby, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

A parte máis antiga da igrexa de Ekeby é a torre, que data de finais do século XII e é de estilo románico. A nave e o coro son ao redor dun século máis recentes e de estilo gótico. A finais do século XIII elevouse a altura da torre ata acadar a presente.[1]

O máis destacable do exterior da igrexa son os dous portais do sur que están ricamente decorados con tallas de pedra. Orixinalmente as tallas estaban pintadas e aínda sobreviven algúns fragmentos de cor. No interior, a igrexa está profusamente decorada con frescos. A nave ten frescos dos séculos XII, XIV e XVIII, e o coro de principios do século XIX na forma de cortinas azuis coa técnica trompe l'oeil. Entre os outros frescos, os grandes que representan ao apóstolos son os máis antigos, de finais do século XIII. Baixo eles hai outros do artista anónimo coñecido como Passionsmästaren amosando, na parede norte, a Paixón de Cristo e, na sur, a infancia de Xesús.[1] Durante unha restauración en 2004 atopáronse máis frescos.[2]

Orixinalmente todas as fiestras tiñan vidreiras, pero a día de hoxe so se conservan unhas poucas orixinais. Un nicho pouco común no coro, probablemente deseñado como lugar de almacenamento para o pan e o viño da eucaristía, mantén pinturas moi ben conservadas de finais do século XIII. Entre o mobiliario destaca a lograda cruz triunfal románica de finais do século XII. A pía bautismal de arenita tamén é unha peza dunha calidade pouco común e data de aproximadamente da mesma época. Os académicos cren que probablemente fose realizada polo artista coñecido como Mestre Majestatis ou por Hegvald.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 121–123. ISBN 9129410355. 
  2. Sveriges Radio (ed.). "Ekeby kyrka är återinvigd". Consultado o 15 de abril de 2018.