Igrexa de Källunge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Källunge
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónKällunge
Coordenadas57°36′28″N 18°35′05″L / 57.607833333333, 18.584833333333Coordenadas: 57°36′28″N 18°35′05″L / 57.607833333333, 18.584833333333
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
Páxina webhttps://www.svenskakyrkan.se/norragotland/kallunge-kyrka e https://www.svenskakyrkan.se/platser/13020-norra-gotlands-pastorat-kallunge-kyrka
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Källunge (sueco: Källunge kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Källunge, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

A torre e a nave románicas da igrexa de Källunge son do século XII e pertencían ao primeiro edificio construído. No século XIII levantouse o enorme coro gótico actual, que lle dá a súa peculiar silueta. Probablemente estaba planeada unha reconstrución total da igrexa, pero por algún motivo non se puido levar a cabo.[1]

A igrexa está ricamente decorada con relevos e frescos. Os seus frescos son unha proba importante da forte influencia bizantina na arte sueca dos séculos XII e XIII.[2] Unha representación temperá dunha nyckelharpa pode atoparse nun relevo que data de preto do ano 1350 nunha das portas da igrexa. A igrexa dálle o seu nome ao códex Källunge (en latín Codex Kellungensis), unha colección de 1622 de música coral de Philipp Dulichius, Melchior Vulpius, Gregor Aichinger, Nicolaus Zangius, Hieronymus Praetorius, Hans Hassler, Jacobus Gallus, Johann Walter, Dominique Phinot, Orlando di Lasso e Johann Bahr entre outros. A colección foi descuberta en 1913, aínda que só se conserva unha parte.

A igrexa ten unha pía bautismal medieval realizada polo escultor anónimo románico coñecido como Byzantios. O seu retablo, do século XVI, pertenceu á catedral de Visby.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gotland.net (ed.). "Källunge kyrka". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2018. Consultado o 17 de maio de 2018. 
  2. Roosval, Johnny (1932). "Yttersta domen i Sundre". Konsthistorisk tidskrift/Journal of Art History 1: 56–59.