Igrexa de Hemse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa de Hemse
Igrexa de Hemse.jpg
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland Gotland vapen.svg
LocalizaciónHemse
Coordenadas57°13′59″N 18°22′23″L / 57.23295, 18.37301Coordenadas: 57°13′59″N 18°22′23″L / 57.23295, 18.37301
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Hemse (sueco: Hemse kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Hemse, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia[editar | editar a fonte]

A presente igrexa de pedra de Hemse data principalmente do século XIII.[1] Porén, ao redor dun século antes había unha stavkirke no mesmo lugar.[1] A sorprendentemente ben conservada igrexa de madeira foi atopada por casualidade baixo o chan da igrexa de pedra durante unha restauración en 1896, onde algunhas táboas de carballo serviran como anterior chan.[1][2] A stavkirke é a mellor conservada atopada en Suecia.[1][2] A igrexa de madeira probablemente construíuse na segunda metade do século XI ou cara o ano 1100, e atópase no presente no Museo Histórico de Estocolmo dende 1941.[1]

A igrexa de madeira foi probablemente substituída polo presente edificio románico ao facerse demasiado pequeno para a congregación. O coro e a súa ábsida construíronse primeiro a finais do século XII. É probable que os cimientos da nave se colocasen durante a construción desa primeira etapa, pero non se rematou ata principios do século XIII. Posteriormente, a mediados de século, engadíuse a torre.[1] A sancristía, na cara norte do coro, é de 1896.[1]

A igrexa ten tres portais, un na fachada sur do coro e os outros dous nos lados sur norte da torre. O portal sur da torre é a entrada principal e trátase do máis elaborado. Engadíuse durante unha modernización da igrexa ao redor do ano 1300, cando o portal sur da nave, no seu momento a entrada principal do edificio, transladouse ao norte da torre.

Durante a restauración anteriormente citada a igrexa foi bastante modificada interiormente dun xeito moi pouco sensible. Posteriormente levouse a cabo outra restauración entre 1962 e 1963 e recuperáronse os frescos medievais.[1]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

A igrexa é un edificio románico relativamente homoxéneo. No interior está decorada con frescos medievais. O máis antigo atópase na torre e representa centauros asaltando a árbore da vida. Debaixo hai dúa inscricións en latín. No coro e na ábsida hai pinturas do Xuízo Final do século XIV, e na nave frescos de mediados do XV que representan a Paixón de Cristo e dous santos: San Xurxo e o Dragón e San Martiño. Tamén hai unha inscrición rúnica na parede oeste do coro, unha repetición do futhark ou "alfabeto" rúnico.[1]

Entre o mobiliario destaca a cruz triunfal, de finais do século XII. A pía bautismal ten un pé románico pero o resto é do século XIV. A campá é da primeira metade do século XV.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 1,9 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 180–182. ISBN 9129410355. 
  2. 2,0 2,1 Guteinfo (ed.). "Hemse kyrka". Consultado o 25 de xuño de 2018.