Igrexa de Lojsta
Igrexa de Lojsta | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Lojsta |
Coordenadas | 57°18′46″N 18°23′02″L / 57.31283333, 18.38391667 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Lojsta (sueco: Lojsta kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Lojsta, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura
[editar | editar a fonte]A presente igrexa foi probablemente precedida por unha stavekirke de onde procederían dúas trabes atopadas no uro oeste da da nave actual.[1] A nave é o coro forman a parte máis antiga da actual igrexa de Lojsta. Estes datan do segundo cuarto do século XIII, e é probable que o coro chegase a estar unido á antiga igrexa de pedra durante un breve período de tempo antes de levantarse a nova nave. Durante a primeira metade do século XIV, a presente torre gótica substituíu a unha anterior situada na parte oeste da nave.[1] Ademais, durante a construción da torre, realizáronse traballos de reconstrución no edificio.[2]
O interior da igrexa está decorado con catro grupos distintos de frescos. O máis antigo, da época da construción da nave e o coro, é puramente ornamental. Na parede entre o coro e a nave, enriba da bóveda (que data da modernización da igrexa levada a cabo no século XIV) hai frescos do XIV que representan a Cristo como xuíz do mundo, flanqueado polos apóstolos San Pedro e San Paulo, ademais do arcanxo Miguel e de Santa Margarida. No muro norte da nave hai outro conxunto de frescos do século XV representando a Paixón de Cristo realizados polo artista coñecido como Passionsmästaren. Finalmente, hai un fragmento dun fresco de 1520 que representa a San Xurxo e o Dragón na parede sur da nave. A igrexa tamén destaca polas súas vidreiras medievais e moi bo estado de conservación. Nas tres fiestras do muro oriental do coro todos os paneis agás un son orixinais, datando de mediados do século XIII. Representan a vida, morte e resurrección de Cristo.[2]
A igrexa tamén ten algunhas pezas de mobiliario destacables. A pía bautismal é dó século XII pero está moi desgastada. O retablo é do XIV e foi repintado no século XIX. No chan do coro hai unha tumba dun home que morreu en 1342 e dunha muller que morreu en 1344.[2]
Na década de 1860 refixéronse as fiestras e substituíronse (agás as do coro). A igrexa foi restaurada en 1957.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende o aire
-
Vidreira
-
Interior da igrexa
-
Frescos na parede norte da nave
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Jonson, Christer (2017). Angels et dragons : Gotland's cultural treasures. Visby: Gotlands Museum. ISBN 9789188036988. OCLC 1077527198.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 199–201. ISBN 9129410355.