Igrexa de Öja
Igrexa de Öja | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Öja |
Coordenadas | 57°02′08″N 18°18′01″L / 57.03555556, 18.30027778 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Öja (sueco: Öja kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Öja, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia
[editar | editar a fonte]A igrexa de Öja está construída nun lugar de antigas tradicións culturais. O seu nome, procedente da palabra sueca ö que significa illa, indica que estaba habitado antes de que a zona se convertese en parte do resto de Gotland (debido a un proceso de axuste posglacial), é dicir, durante a idade de ferro, nalgún momento entre o ano 500 a.C. e o 500 d.C.[1] En 1987 aínda había campos de cultivo organizados segundo un sistema de uso da terra que probablemente se desenvolveu entón, ou incluso durante a idade de bronce.[2]
A primeira igrexa do lugar foi construída durante o século XII.[1][3] Deste primeiro edificio románico só quedan un feixe de fragmentos esculpidos, incorporados na presente igrexa principalmente gótica.[1] Durante o século XIII comezou a construción da igrexa actual. O coro coa súa ábsida interna é a parte máis antiga, construído durante a primeira metade do século. A nave engadíuse posteriormente, a finais do século, mentres que a torre levantouse no século XIV. A construción da igrexa indica que os plans orixinais non incluían unha torre separada, senón unha enriba do extremo occidental da nave. Os académicos concluíron que a torre foi construída polo obradoiro dun canteiro coñecido co nome de Master Egypticus, que tamén traballou nas igrexas de Grötlingbo e Hablingo.[1][3]
Dende a idade media a igrexa permaneceu case inalterada,[3] coa excepción da sancristía que foi engadida durante o século XIX.[3][4]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]Externamente a igrexa destaca pola súa ben conservada torre, que aínda ten as gárgolas e as decoracións dos gabletes orixinais. A igrexa tamén tres portais góticos esculpidos, do cal o do norte é o que está máis ricamente decorado. O portal ten esculturas que representan a Xesús, María, Xoán o Evanxelista e unha moi peculiar dun santo boca abaixo, interpretado como San Elixio.[1][2][3]
O interior é escuro e caracterízase polos seus resistentes piares e columnas. As paredes están decoradas con frescos do século XV, que representan a Paixón de Cristo e escenas da infancia de Xesús, realizados polo artista coñecido como Passionsmästaren. Ademais as bóvedas están adornadas con ornamentacións do século XIII e un feixe de frescos pouco comúns, probablemente dun artista de Dinamarca ou do continente sueco, decoran o coro.[3]
A igrexa é probablemente famosa pola súa gran e elaborada cruz triunfal.[1][2][3] Foi realizada por un carpinteiro, posiblemente adestrado en Francia, que seguramente tamén fixese unha cruz semellante na igrexa de Fröjel a finais do século XIII.[3] O elaborado e pouco común crucifixo foi chamado "a escultura de madeira máis admirada de Gotland"[3] e "unha das pezas artísticas medievais máis coñecidas de Gotland".[1] Baixo a cruz hai ademais copias de dúas esculturas case tan ben consideradas que representan a María e a San Xoán (as orixinais atópanse no Museo de Gotland en Visby).[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende o aire
-
Portal da nave
-
Cruz triunfal
-
Interior da igrexa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Andrén, Anders (2011). Historiska Media, ed. Det medeltida Gotland: en arkeologisk guidebok. Lund. pp. 210–213. ISBN 978-91-85873-83-8.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Jonsson, Marita; Lindquist, Sven-Olof (1987). Vägen till kulturen på Gotland. Visby: Gotlands fornsal. p. 197. ISBN 91-971048-1-7.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 278–281. ISBN 9129410355.
- ↑ "Öja kyrka". Guteinfo. Consultado o 17 de agosto de 2018.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Igrexa de Öja |