Igrexa de Lummelunda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Lummelunda
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónLummelunda
Coordenadas57°46′11″N 18°27′20″L / 57.769722222222, 18.455555555556Coordenadas: 57°46′11″N 18°27′20″L / 57.769722222222, 18.455555555556
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Lummelunda (sueco: Lummelunda kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Lummelunda, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

A nave e a torre son as partes máis antigas da igrexa de Lummelunda, construídas ao redor do ano 1200. Orixinalmente, un coro construído no mesmo tempo formaba parte do edificio. Ese coro foi arrasado a mediados do século XIV e no seu lugar levantouse o presente, desproporcionadamente grande. A construción do novo coro pretendía ser o comezo dun completo proceso de reconstrución, pero só esta parte foi executada.[1] Dende entón a igrexa permaneceu case intacta. A sancristía non se sabe en que data se construíu, sendo mencionada por vez primeira en 1739, e o chapitel é do ano 1636.[2] Durante o século XVII engadíronse novas fiestras á nave, e a igrexa recibiu mobiliario novo e foi redecorada no seu interior.[1] As fiestras foron alteradas novamente durante o século XIX.[2] Entre os anos 1960 e 1961 a igrexa foi restaurada.[1]

Arquitectonicamente, a igrexa caracterízase externamente polo gran coro gótico e a torre e nave románicas moito máis pequenas. Está construída en calcaria.[2] O portal principal do sur está decorado con esculturas de pedra semellantes ás da igrexa de Martebo, pero cunha execución máis crúa. Internamente está decorada con frescos. Algúns deles datan do período de construción da igrexa, outros son do século XV e o resto do XVII. A igrexa alberga unha única escultura de madeira medieval tardía que representa a Santo Antón. A meirande parte do mobiliario é do século XVII.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 204–206. ISBN 9129410355. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Lummelunda kyrka". Svenska Kyrkan. Consultado o 13 de agosto de 2018.