Saltar ao contido

Igrexa de Fardhem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Fardhem
Gotland Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Instancia de
 Estilo
Persoas e organizacións
 Ocupante
 Diocese
Localización
 Situado en
Recoñecemento
Complexo eclesiástico de edificios catalogado
Wikidata C:Commons

A igrexa de Fardhem (sueco: Fardhems kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Fardhem, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Segundo a Gutasaga, unha das primeiras igrexas de Gotland foi construída en Fardhem. De ser así esta sería unha igrexa de madeira da que non queda nada. Tumbas atopadas na zona indican que puido existir esa igrexa de madeira no lugar antes da construción do edificio actual.[1][2]

A igrexa é un edificio románico levantado en distintas fases dende finais do século XII ata o segundo cuarto do século XIII. Só a sancristía é posterior, engadida en 1871-72 e deseñada por Axel Herman Hägg.[2]

Externamente a igrexa ten unha aparencia románica uniforme. Está considerada unha das igrexas románicas mellor conservadas de Gotland (polo menos externamente). Destaca especialmente o portal do coro. Está decorado con algúns elementos esculpidos bastante primitivos difíciles de interpretar. O traballo foi atribuído ao escultor local coñecido como Hegvald[3] pero pode ser tamén obra dalgún mestre descoñecido de Xutlandia. Non existen traballos comparables a este en todo Gotland.[1][2]

O interior da igrexa non está tan ben conservado. Durante unha restauración en 1951-52 descubríronse fragmentos de frescos do século XIV que agora son visibles. A pía bautismal é románica, probablemente realizada polo artista anónimo coñecido como Master Semi-Byzantios, pero só se conserva o seu pé. A meirande parte do resto do mobiliario é dos séculos XVII e XVIII.[2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Andrén, Anders (2011). Historiska Media, ed. Det medeltida Gotland: en arkeologisk guidebok. Lund. pp. 221–222. ISBN 978-91-85873-83-8. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 133–134. ISBN 9129410355. 
  3. {{cita libro|apelidos=Svanberg|nome=Jan|título=Signums svenska konsthistoria: Den romanska konsten|ano=1995|editor=Signum|localización=Lund|isbn=91-87896-23-0|páxinas=199|}