Igrexa de Hellvi
| Igrexa de Hellvi | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Gotland | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Ocupante
| |||||||||
|
Diocese
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
A igrexa de Hellvi (sueco: Hellvi kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Hellvi, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura
[editar | editar a fonte]O portal do coro da igrexa de Hellvi ten unha inscrición rúnica que proclama que un home chamado Lafrans Botvidarson construíu o edificio. A parte máis antiga da igrexa é a torre. de estilo románico. A súa parte superior colapsou tras unha treboada no ano 1534 e por iso ten esa forma tan pouco común. A nave e o coro son de mediados do século XIII e mostran unha primeira forma do estilo gótico. A nave está dividida en dúas partes por dúas columnas centrais. O coro e cadrado e a igrexa carece de ábsida; o muro oriental ten un grupo de tres fiestras góticas.[1]
O retablo leva as iniciais do rei sueco Carlos XII e a data de 1726. O púlpito é máis antigo, de 1633. Unha galería que no presente se atopa situada na esquina noroeste do interior foi construída en 1704 e pagada por 16 patróns de barco de Sønderborg, en Dinamarca, o que indica intensos contactos marítimos. Está decorada con pinturas dos apóstolos, Cristo e dous santos. A pía bautismal é o século XVII, pero ten un disco de cobre de 1704, que tamén foi un regalo dun patrón de Sønderborg.[1]
A igrexa foi restaurada no ano 1926.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende o aire
-
Interior da igrexa
-
Portal da nave
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 178–179. ISBN 9129410355.
