Saltar ao contido

Igrexa de Ganthem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Ganthem
Gotland Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Instancia de
Persoas e organizacións
 Ocupante
 Diocese
Datas
 Fundación / creación
século XII Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Recoñecemento
Complexo eclesiástico de edificios catalogado
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

A igrexa de Ganthem (sueco: Ganthems kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Ganthem, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura

[editar | editar a fonte]

A igrexa de Ganthem é unha igrexa ben conservada de estilo románico rematada a mediados do século XIII. O coro coa súa ábsida é a parte máis antiga, datando de finais do século XII. A nave é un pouco posterior, de principios do XIII, mentres que a torre, iniciada ao mesmo tempo que a nave, rematouse na década de 1230 cun estilo gótico temperán.[1] Á parte dunha ampliación das fiestras realizada no século XIX e o engadido dunha sancristía nos anos 30 do século XX, a igrexa permaneceu sen cambios dende a súa finalización no século XIII.[2]

O interior da igrexa está decorada con frescos do século XV. Na parede norte, un conxunto de pinturas representan a Paixón de Cristo. Este conxunto é bastante peculiar xa que nunca se pintou por riba e conserva gran parte da súa vitalidade orixinal. Na parede sur hai outro conxunto de frescos con outros motivos relixiosos.[2]

A igrexa aínda conserva varios obxectos medievais. A pía bautismal é do século XII e foi atribuída ao artista Hegvald. A cruz triunfal é de ao redor do ano 1200 e atópase en moi bo estado de conservación. O retablo é unha copia do orixinal, unha peza do século XIV que agora pertence ao Museo Sueco de Historia.[2] A parroquia vendeu o retablo orixinal ao museo para reparar a torre, que colapsou nun incendio no ano 1900.[3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Roosval, Johnny (1952). "Kyrkor i Halla ting : norra delen" (en sueco). 
  2. 2,0 2,1 2,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 147–148. ISBN 9129410355. 
  3. Jonson, Christer (2017). Angels et dragons : Gotland's cultural treasures. Visby: Gotlands Museum. ISBN 9789188036988. OCLC 1077527198.