Igrexa de Väskinde
Igrexa de Väskinde | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Väskinde |
Coordenadas | 57°41′26″N 18°25′23″L / 57.69058, 18.42306 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Väskinde (sueco: Väskinde kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Väskinde, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia
[editar | editar a fonte]A construción da parte máis antiga da igrexa de Väskinde, o coro, comezou pouco despois do ano 1250. A torre e atorre construíronse posteriormente, ao redor de 1280. Dende a Idade Media o edificio permaneceu case inalterado. No ano 1953 levouse a cabo unha restauración da igrexa.[1]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]A igrexa é de estilo gótico. Destaca o esculpido portal sur do seu coro. A súa rica ornamentación é pouco común para Gotland e semella reflectir unha influencia das igrexas de Westfalia. A igrexa de Väskinde tamén alberga algúns obxectos destacables. A pía bautismal data do século XII e foi realizada polo escultor coñecido como Master Majestatis. A cruz triunfal e de ao redor do ano 1240 e a igrexa tamén ten algunhas esculturas de madeira medievais de santos e un sagrario. Durante a restauración de 1953 descubríronse pedras pintadas dos séculos V e VIII nos arredores da igrexa, ademais dalgunhas tumbas medievais que no presente se atopan no seu interior.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Portal do coro
-
Vista dende o sur
-
Interior da igrexa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Jacobsson, Britta; Johansson, Eva; Johansson, Per; Andersson, Rolf (1990). Våra kyrkor. Västervik: Klarkullens förlag AB. p. 672. ISBN 91-971561-08.