Saltar ao contido

Igrexa de Eke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Eke
Gotland Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Instancia de
Características
 Uso
 Conéctase con
 Contén partes da clase
Implicados
 Ocupante
 Diocese
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Patrimonio
Complexo eclesiástico de edificios catalogado
Códigos e identificadores
VIAF6860149108418368780003 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0wyxj2b Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons

A igrexa de Eke (sueco: Eke kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Eke, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura

[editar | editar a fonte]

A presente igrexa coa súa nave románica e torre gótica estivo precedida por unha stavkirke no mesmo lugar, da cal se atoparon fragmentos baixo o chan da igrexa no ano 1916. A stavkirke estaba decorada con pinturas de estilo bizantino.[1]

As partes máis antigas do actual edificio son a nave e o coro, que datan de mediados do século XIII. A desproporcionada torre foi engadida ao redor do ano 1300. Posteriormente engadiuse a sancristía no ano 1833, e agrandáronse todas as fiestras orixinais agás unha.[1] Ese ano os murais medievais foron borrados con cal e foron descubertos novamente en 1916.[2]

Externamente a igrexa está dominada pola masiva torre. Esta ten un portal gótico, mentres que a nave ten portais románicos decorados con pedra calcaria vermella e arenito gris-verde de xeito alterno.[1]

No seu interior a igrexa está ricamente decorada con frescos medievais. Os máis antigos, do século XIII, atópanse no coro e representan animais imaxinarios, ornamentos xeométricos e follaxe. Os outros son de mediados do século XV e amosan escenas da Paixón de Cristo e doutras historias da Biblia.[1]

Entre o mobiliario da igrexa destaca a pía bautismal do escultor románico coñecido como Sigraf que data do século XII, así como unha Madonna de madeira de ao redor do ano 1500. Os bancos e o púlpito son do século XVIII.[1]

A igrexa foi restaurada en 1916 e entre 1969 e 1971.[1]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 4 5 6 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 119–120. ISBN 9129410355.
  2. Jonson, Christer (2017). Angels et dragons : Gotland's cultural treasures. Visby: Gotlands Museum. ISBN 9789188036988. OCLC 1077527198.