Igrexa de Vallstena
| Igrexa de Vallstena | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Gotland | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Ocupante
| |||||||||
|
Diocese
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
A igrexa de Vallstena (sueco: Vallstena kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Vallstena, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura
[editar | editar a fonte]A parte oeste da nave e a torre son as partes máis antigas desta igrexa asimétrica; estas datan de principios do século XIII. Un novo arco do presbiterio foi construído a mediados do mesmo século, e ao redor de 1300 construíuse o novo coro. A reconstrución da nave tamén comezou nesa época; o plan orixinal parece ser que era substituír toda a nave por unha nova maior, pero por algunha razón a obra detívose. De xeito semellante, as igrexas a medio reconstruír son relativamente comúns en Gotland. A sancristía tamén é dese tempo. O interior da igrexa está decorado con frescos do século XV. A parte máis vella da igrexa, a do oeste, é de estilo románico, mentres que a leste é gótica.[1][2]
A igrexa e o seu cemiterio están rodeados por unha muralla baixa con tres portas (stiglucka). A máis antiga das tres data do século XIII e amosa algúns detalles esculpidos orixinais.[1]
Mobiliario
[editar | editar a fonte]A pía bautismal é a peza máis antiga da igrexa, datando de mediados do século XIII. O retablo é do século XIV e foi adquirido cando se inaugurou o novo coro. Hai un crucifixo do mesmo século, así como un cofre para donativos ricamente decorado. Tamén dese século son as tumbas que hai a cada lado do altar e que teñen inscricións tanto en latín como en gutnish antigo; estas últimas en runas. Varias estatuas de santos de madeira da igrexa, tamén do XIV, están no presente no Museo de Gotland en Visby.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Lychgate
-
Retablo
-
Pía bautismal
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Region Gotland (ed.). "Vallstena kyrka". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2018. Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Jacobsson, Britta; Johansson, Eva; Johansson, Per; Andersson, Rolf (1990). Klarkullens förlag AB, ed. Våra kyrkor. Västervik. p. 679. ISBN 91-971561-08.
