Olaf Haraldsson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Olaf Haraldsson
Olav der Heilige07.jpg
Nacemento993
 Ringerike
Falecemento29 de xullo de 1030
 Stiklestad
CausaMorto en combate
SoterradoCatedral de Nidaros
NacionalidadeNoruega
Ocupaciónmonarca
PaiHarald Grenske
NaiÅsta Gudbrandsdatter
CónxuxeAstrid Olofsdotter
FillosMagno I da Noruega e Wulfhild of Norway
IrmánsHaroldo III da Noruega e Halfdan Sigurdsson
editar datos en Wikidata ]
Representación medieval de Olaf II

Olaf Haraldsson tamén coñecido como santo Olaf, nado no ano 995 e falecido en 1030, foi rei de Noruega dende 1015 ata 1028.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe viquinga, converteuse ao cristianismo na cidade de Ruán (Francia) e estivo ao servizo do rei exilado Ethelred II de Inglaterra.

Regresou a Noruega no ano 1015. Por ser descendente do rei Harold I de Noruega, foi recoñecido rapidamente como rei, rexeitando aos nobres que exercían o poder no reino. Introduciu unha administración central forte, completou a conversión, iniciada por Olaf I de Noruega, dos noruegueses e ergueu igrexas por todo o territorio. É o patrón de Noruega e un dos poucos santos de orixe norueguesa recoñecidos pola Igrexa católica.

Casado cunha filla de Iaroslav I de Kiev, tiveron un fillo, Magno I da Noruega, futuro rei da Noruega e Dinamarca.