Igrexa de Björke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa de Björke
Igrexa de Björke.jpg
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland Gotland vapen.svg
LocalizaciónBjörke
Coordenadas57°30′27″N 18°25′17″L / 57.50744, 18.4214Coordenadas: 57°30′27″N 18°25′17″L / 57.50744, 18.4214
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Björke (sueco: Björke kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Björke, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

A nave é a parte máis antiga da igrexa de Björke, datando de mediados do século XIII. O coro data da metade do século XIV e substitúe a un anterior da metade do tamaño que o presente.[1] Nunca se chegou a construír unha torre na igrexa.[2] A sancristía é a derradeira adición externa da igrexa, construída no ano 1860.[1]

No interior o tellado está soportado por seis bóvedas: dúas están no coro, e catro, descansando nunha columna central, na nave. Entre o mobiliario o crucifixo data do ano 1160, a pía bautismal é do século XIII e o púlpito de 1594, sendo un dos máis antigos de Gotland. O retablo é de 1911 e o barco votivo foi doado á igrexa en 2004.[1][2]

A igrexa foi restaurada entre os anos 1910 e 1912.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Region Gotland (ed.). "Björke kyrka". Consultado o 17 de abril de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Svenska Kyrkan (ed.). "Björke kyrka". Consultado o 17 de abril de 2018.