Igrexa de Fleringe
Igrexa de Fleringe | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Fleringe |
Coordenadas | 57°52′11″N 18°52′37″L / 57.86963889, 18.87697222 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Fleringe (sueco: Fleringe kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Fleringe, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura
[editar | editar a fonte]A igrexa de Fleringe está construída de pedra calcárea e data do século XIII e a nave e o coro son as súas partes máis antigas. Máis tarde, durante o mesmo século, construíuse a súa torre. A súa sancristía probablemente foi construída antes de 1650. Dende entón a igrexa non foi substancialmente alterada, pero sufriu danos nun grande incendio no ano 1676.[1]
A igrexa está situada nun cemiterio rodeado por unha muralla baixa na cal aínda se conserva unha lychgate medieval. No seu exterior aínda esán as cortes da igrexa, un feito pouco común. A fachada da igrexa está adornada con portais esculpidos de estilo gótico. Destes, o da torre é o que está máis ricamente decorado, provisto de adornos vexetais.[1]
Do seu interior non se conserva ningún do mobiliario medieval xa que foi destruído polo incendio de 1676. O mobiliario actual data todo do século XVIII. O piar principal ten unha base collida doutra igrexa medieval en ruínas, a igrexa de Gann. Probablemente fíxose debido a que a vella base resultou danada polo lume. Sobreviviron tamén algúns fragmentos de frescos, probablemente executados polo artista coñecido como Passionsmästaren no século XV. O retablo é do ano 1701, o púlpito de 1726 e os bancos son tamén do século XVIII. A pía bautismal ten o monograma de Cristián IV de Dinamarca e estivo orixinalmente na igrexa do castelo de Visborg, en Visby.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende o oeste
-
Base do piar principal
-
Portal oeste
-
Interior da igrexa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. p. 137. ISBN 9129410355.