Igrexa de Näs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Näs
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónNäs
Coordenadas57°06′37″N 18°15′45″L / 57.11017, 18.26241Coordenadas: 57°06′37″N 18°15′45″L / 57.11017, 18.26241
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Näs (sueco: Näs kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Näs, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

A igrexa de Näs foi construída a mediados do século XIII e permanece na súa maior parte inalterada dende entón. O interior cambiou durante unha restauración feita en 1910, e segundo a tradición a tore orixinalmente era máis alta (aínda que nada semella indicar que este feito sexa certo). Porén. poucos dos mobles orixinais sobreviviron. O retablo data do ano 1692 e foi feito en Burgsvik, mentres que o púlpito é de mediados do século XVIII. A cruz triunfal é unha copia dun crucifixo medieval, pero poucos fragmentos do orixinal sobreviven no Museo de Gotland en Visby. Na sancristía hai fragmentos dunha tumba medieval almacenados cunha imaxe que posiblemente represente a un bispo.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 219–220. ISBN 9129410355.