Igrexa de Vall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa de Vall
Igrexa de Vall.jpg
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland Gotland vapen.svg
LocalizaciónVall
Coordenadas57°31′15″N 18°20′43″L / 57.52079, 18.34518Coordenadas: 57°31′15″N 18°20′43″L / 57.52079, 18.34518
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Vall (sueco: Valls kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Vall, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

A igrexa de Vall é unha gran igrexa de estilo románico que data do século XIII. Foi construída en tres fases. As partes máis antigas son o coro coa súa ábsida e a nave, de principios do século. A torre comezou a construírse a mediados de século e fíxose máis alta a finais.[1]

A igrexa é un edificio románico relativamente ben conservado, cunha torre que é máis alta do normal en comparación con igrexas semellantes de Gotland. Todos os seus portais son románicos, e deles o portal norte da torre é o que máis destaca.

Internamente, as bóvedas da nave están soportadas por un único piar central, cunha decoración que lembra á decoración do coro da catedral de Visby. Na base da torre hai unha cámara separada cun hagioscopio aberto cara a nave. Cámaras semellantes poden atoparse nas igrexas de Bro e Martebo. Nunha das fiestras consérvanse restos de paneis de vidreiras medievais. Na parede sur da ábsida hai un nicho cun par de portas de ao redor do ano 1300. As portas están ricamente talladas e teñen inscricións rúnicas. O retablo é de 1684 e foi realizado en Burgsvik, mentres que a pía bautismal é do século XII e é un traballo do artista románico coñecido como Majestatis. O púlpito é un traballo de principios do século XVIII. No chan da igrexa está a tumba de Peter Harding, que liderou á facción dos labregos durante a guerra civil en Gotland en 1288. A máis antiga das súas campás data de 1443 e pertenceu á igrexa de Hogrän.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 256–260. ISBN 9129410355.