Igrexa de Hörsne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa de Hörsne
Igrexa de Hörsne.jpg
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland Gotland vapen.svg
LocalizaciónHörsne-Bara
Coordenadas57°33′31″N 18°35′51″L / 57.5585, 18.59747Coordenadas: 57°33′31″N 18°35′51″L / 57.5585, 18.59747
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Hörsne (sueco: Hörsne kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Hörsne-Bara, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia[editar | editar a fonte]

Unha primeira igrexa de pedra de estilo románicodedicada a Santa Catarina foi construída no mesmo lugar durante o século XII. Porén, a parte máis antiga do presente edificio é a torre, que data da primeira metade do século XIII, do ano 1239, sendo a última etapa dunha achaparrada igrexa románica. O resto da igrexa románica foi finalmente derrubado e substituído por un edificio gótico. Así, o coro e a sancristía son de finais do XIII, mentres que a nave foi construída a principios do século XIV. Cando se levantou a nave o coro tamén foi modestamente actualizado coa inserción da presente fiestra oriental. Os plans orixinais probablemente pretendían finalmente substituír tamén a torre, de tamaño pequeno en comparación co resto, por unha torres gótica máis proporcional.[1]

A igrexa aínda mantén gran parte do seu carácter medieval. No ano 1937 levouse a cabo unha restauración.[1]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

A igrexa ten dous portais notablemente esculpidos. O portal do coro amosa follaxe tallada e unhas poucas figuras: dous peixes e un león. O portal principal está coroado por unha escultura de San Miguel empuñando unha maza e levando un escudo, sentado sobre o gablete. Debaixo, os capiteis están profusamente esculpidos con algunhas escenas do apocalipse. Outros capiteis están decorados con adornos de follaxe. Ámbolos dous portais parecen estar feitos polo artista coñecido como Master Egypticus, un escultor local anónimo, e polo seu taller.[1]

Algunhas das fiestras da igrexa aínda teñen as vidreiras orixinais, amosando motivos arquitectónicos, follaxe e unha representación do apóstolo Bertomeu. O retablo é unha curiosa mestura entre esculturas de madeira góticas, derivadas dun retablo anterior do século XIV, incorporadas a un altar barroco de 1701. A igrexa tamén ten unha notable cruz triunfal, onde a figura de Xesús é o século XV, pero a propia cruz é do XVII. Os bancos, o púlpito e a pía bautismal son todos dos séculos XVII e XVIII.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 183–185. ISBN 9129410355.