Igrexa de Fole
Igrexa de Fole | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Fole |
Coordenadas | 57°39′02″N 18°32′41″L / 57.65058333, 18.54483333 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Fole (sueco: Fole kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Fole, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia
[editar | editar a fonte]A igrexa actual estivo precedida por outra de estilo románico de pedra. Desta outra permanece a igrexa, que é a parte máis antiga do edificio.[1] Esta data de ao redor do ano 1200.[2] A igrexa románica foi substituída gradualmente pola presente igrexa, de estilo máis gótico. A mediados do século XIII a metade da nave e o coro e foron reconstruído, e unhas poucas décadas despois o resto da nave. A igrexa reconstruída foi inaugurada no ano 1280.[1]
A igrexa permaneceu case intacta dende entón. A sancristía foi redecorada en 1707, e no interior realizáronse algunhas alternacións menores ao longo dos séculos.[1]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]O exterior da igrexa ten elementos tanto románicos como góticos. A torre é totalmente románica, con semellanzas á da próxima igrexa de Bro. Un portal, orixinalmente o portal do coro, foi reusado da vella igrexa románica e agora serve como portal da sancristía. A nave e o coro son de estilo gótico. A igrexa carece de ábsida e ten un moro oriental recto con tres fiestras verticais.[1] Un dos muros ten inscricións rúnicas feitas polos habitantes da localidade como unha forma de rexistro permanente sobre o seu dereito a usar un camiño a través de parte de Fole.[3]
O interior da igrexa foi decorado con frescos dos cales se conservan algúns fragmentos. A igrexa aínda conserva algúns obxectos medievais. A pía bautismal é de principios do século XIII, aínda que a súa parte superior pintouse no século XVIII. Esta ten relieves que representan a fuxida a Exipto e aos apóstoles na parte de arriba, e na base están esculpidas cabezas e bestas. A igrexa tamén ten unha cruz triunfal do século XIII (pintada na década de 1840) e varias tumbas medievais.[1] Outros mobles son posteriores, como a galería neogótica (1870), unha das poucas pezas deste tipo en Gotland.[2]
Nas proximidades hai unha escola construída en 1858 e unha casa parroquial de 1820.[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cruz triunfal
-
Portal da nave
-
Pía bautismal
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 137–140. ISBN 9129410355.
- ↑ 2,0 2,1 Region Gotland (ed.). "Fole kyrka". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2018. Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ Guteinfo (ed.). "Redan de gamla...". Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ Svenska Kyrkan (ed.). "Fole kyrka". Consultado o 9 de abril de 2018.