Saltar ao contido

Igrexa de Sanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Sanda
Gotland Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Instancia de
Persoas e organizacións
 Ocupante
 Diocese
Datas
 Fundación / creación
1300 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
Recoñecemento
Complexo eclesiástico de edificios catalogado
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

A igrexa de Sanda (sueco: Sanda kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Sanda, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura

[editar | editar a fonte]

A parte máis antiga da igrexa de Sanda é a torre, que data de mediados do século XIII. A nave é de principios do século XIV, mentres que o coro é de mediados dese século. Houbo unha igrexa anterior no mesmo lugar, e elementos desta foron incorporados como material de construción ao edificio actual. A igrexa está ricamente decorada con frescos medievais no seu interior. Estes representan diferentes motivos cristiáns. Do seu mobiliario destacan a pía bautismal, da segunda metade do século XII, e a cruz triunfal, de mediados do século XIII. A igrexa foi restaurada no ano 1956.[1]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Jacobsson, Britta; Johansson, Eva; Johansson, Per; Andersson, Rolf (1990). Våra kyrkor. Västervik: Klarkullens förlag AB. p. 680. ISBN 91-971561-08.