Saltar ao contido

Igrexa de Suecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Igrexa de Suecia
Imaxe do escudo de armas
Logotipo
Imaxe
 Parte de
 Nome orixinal
Svenska kyrkan Editar o valor en Wikidata
 Relixión
 Cargo dirixente
Implicados
 Fundador/a
 Presidente/a
Antje Jackelén 15 de xuño de 2014 Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Membro de
 Entidades subsidiarias
Datas
 Data de comezo
7 de marzo de 1593 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
1536 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Escindido de
Localización
 Sede
 País
Identificadores
VIAF157043528 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000404690870 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0j96s Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: svenskakyrkan Twitter: svenskakyrkan Instagram: svenskakyrkan Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Igrexa de Suecia (sueco: Svenska kyrkan) é unha igrexa evanxélica luterana nacional. Ata o ano 1999 foi a igrexa do estado sueco. Ten a súa sede en Uppsala e a finais de 2017 tiña 6 millóns de bautizados, sendo a maior denominación cristiá de Suecia.[1]

É a denominación luterana máis grande de Europa e a terceira máis grande do mundo tras a Igrexa Evanxélica Etíope Mekane Yesus e a Igrexa Evanxélica Luterana en Tanzania.[2] É membro da Comuñón de Porvoo e profesa a rama luterana do Cristianismo. Está composta por trinta dioceses divididas en parroquias.[3] É unha igrexa nacional aberta que, traballando cunha organización democrática e a través do ministerio da igrexa, cobre todo o país. O Primado da Igrexa de Suecia é o Arcebispo de Uppsala (en xuño de 2018 era Antje Jackelén, a primeira muller arcebispo de Suecia).[4]

É litúrxica e teoloxicamente "igrexa alta", conservando sacerdotes, vestimentas e a Misa durante a Reforma en Suecia. En común con outras igrexas evanxélicas luteranas (particularmente nos estados nórdicos e bálticos), a Igrexa de Suecia mantén o episcopado histórico. Algunhas igrexas luteranas teñen política congregacional ou política episcpal modificada sen sucesión apostólica, pero o episcopado histórico mantense en Suecia e noutras nacións luteranas da Comuñón de Porvoo.

A Igrexa de Suecia é coñecida pola súa posición liberal en materias teolóxicas, particularmente na cuestión da homosexualidade. Cando Eva Brunne foi consagrada como Bispo de Estocolmo en 2009, converteuse na primeira bispo abertamente lesbiana do mundo.[5]

A pesar dunha significativa perda anual de membros (recentemente dun 2% cada ano), a súa membresía de 5 993 368 persoas en 2017 representa o 59,3% da poboación sueca.[1] O alto número de membros débese a que ata 1996 todos os nenos nacidos no país eran feito membros, a menos que os seus pais cancelasen activamente a súa membresía.[6] Ao redor dun 2% dos membros da igrexa vai regularmente ao servizos dominicais. Segundo unha enquisa de Gallup realizada en 2009, o 17% dos suecos considera a relixión como unha parte importante da súa vida.[7]

  1. 1,0 1,1 Svenska Kyrkan (ed.). "Svenska kyrkan i siffror". Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  2. The Lutheran World Federation (ed.). "Member churches". Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  3. Kiksdagen (ed.). "Lag (1998:1591) om Svenska kyrkan". Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  4. Svenska Kyrkan (ed.). "Om ärkebiskop Antje Jackelén". Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  5. QX (ed.). "Lesbian bishop consecrated in Sweden". Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  6. The Christian Science Monitor (ed.). "Sweden Snaps Strong Ties Between Church and State". Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  7. Svenska Kyrkan (ed.). "Liturgy and Worship". Archived from the original on 22 de abril de 2010. Consultado o 29 de xuño de 2018.