Igrexa de Anga
Igrexa de Anga | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | igrexa ![]() | |||
Estilo | arquitectura románica ![]() | |||
Diocese | Diocese de Visby ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Suecia | |||
Condado | provincia de Gotland | |||
Concello | Gotland ![]() | |||
Localización | Anga ![]() | |||
Código postal | SE-623 72 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
século XIII | construción ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | Q10727852 ![]() ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Edificio eclesiástico catalogado en Suecia | ||||
| ||||
Complexo eclesiástico de edificios catalogado | ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | svenskakyrkan.se… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A igrexa de Anga (sueco: Anga kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Anga, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura
[editar | editar a fonte]A igrexa de Anga toma o seu nome dunha granxa agora desaparecida, mencionada nunha incrición dunha pedra rúnica de finais do século XI. O primeiro edificio foi construído probablemente como igrexa para a gran granxa. Durante escavacións arquolóxicas levadas a cabo entre 1946 e 1947 atóparonse restos de madeira queimada, o que podería indicar que a primeira igrexa podería ter sido unha stavkirke.[1]
A presente igrexa de estilo románico foi construída durante o século XIII.[2] Grazas a investigacións dendrocronolóxicas de detalles de madeira aínda intectos, a igrexa pode datarse de xeito preciso. O coro e a ábsida, as partes máis antigas da igrexa, foron construídos ao redor do ano 1215. A nave data de 1250 e a torre de 1265.[1]
A igrexa é unha das mellor conservadas en Gotland de estilo románico, e dá unha boa impresión de como puideron ser a meirande parte das igrexas da illa nalgún momento. O interior destaca pola súa rica decoración na forma de frescos que datan de dous períodos. Os máis antigos son de finais do século XIII. Son principalmente ornamentais e de forma pouco común están asinados polo artista, un pintor chamado Halvard. Existe unha inscrición das mesmas datas en runas escritas en gutnish antigo que di o nome dos granxeiros da parroquia que constribuíron con bois e días de traballo na construción da igrexa, amosando que foi un traballo comunal. O outro conxunto de frescos representan a Paixón de Cristo xunto con lendas de santos e foi feito a mediados do século XV.[1][2]
A igrexa foi decorada con gran cantidade de esculturas medievais de madeira, das cales a meirande parte atópanse no presente no Museo de Gotland en Visby. Na igrexa aínda se atopa o retablo, que data da década de 1370, e a cruz triunfal, do século XV.[1] Tamén hai unha tumba no coro do século XII cunha inscrición rúnica.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Retablo medieval
-
Vista dende o aire
-
Cruz triunfal