A parte máis antiga da igrexa de Eksta é a torre, que data do século XIII e non cambiou dende a súa construción. O resto da igrexa é tamén da Idade Media, pero foi fortemente reformada no ano 1838.[1] A igrexa aínda ten catro portais medievais, tanto de estilo románico como gótico.[2] O interior é principalmente neoclásico, datando da renovación realizada en 1838.[2] Nas pareces sobreviviron algúns restos de frescos medievais, así como un único panel das vidreiras.[1]