Igrexa de Follingbo
| Igrexa de Follingbo | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Gotland | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Ocupante
| |||||||||
|
Diocese
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
A igrexa de Follingbo (sueco: Follingbo kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Follingbo, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura
[editar | editar a fonte]As partes máis antigas da igrexa de Follingbo son a nave e a torre. Estas datan de ao redor do ano 1200 e xuntas forman un pouco común conxunto moi logrado de arquitectura románica en Gotland. Aínda que carecen de esculturas ornamentais, a torre e a nave están ben proporcionadas e están executadas dun xeito moi profesional. O coro é posterior, de finais do século XIII, e de estilo gótico tamén pouco común para o seu tipo. O coro substituíu a outro anterior románico cunha ábsida. Porén, o presente ten un muro oriental recto, adornado cunha única fiestra de trazaría na cal se se conservan algúns paneis de vidreiras medievais.[1] A sancristía foi construída entre os ano 1820 e 1821.[2]
No seu interior a igrexa ten un teito pintado, decorado a finais do século XVII. A meirande parte do seu mobiliario é tamén dos séculos XVII e XVIII. Unha excepción é a pía bautismal, que é medieval.[1]
A igrexa foi restaurada entre os ano 1955 e 1956.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende o leste
-
Interior da igrexa
-
Teito da nave
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 140–142. ISBN 9129410355.
- ↑ Region Gotland (ed.). "Follingbo kyrka". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2018. Consultado o 16 de abril de 2018.
