Igrexa de Fårö
Igrexa de Fårö | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Fårö |
Coordenadas | 57°54′57″N 19°08′00″L / 57.91578, 19.13342 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Fårö (sueco: Fårö kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Fårö, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura
[editar | editar a fonte]A igrexa de Fårö data da Idade Media[1] e partes dela foron construídas durante o século XIV.[2] Unha posible data da súa inauguración é 1324, aínda que puido ser antes.[3] Case toda a nave e a torre son medievais,[1] pero a igrexa perdeu gran parte do seu aspecto orixinal a través de reconstrucións posteriores. A parte leste da igrexa foi derrubada durante o século XVIII e a torre ampliouse e recibiu o seu chapitel actual en 1751.[1] En 1761 engadíronse fiestras no muro norte.[3] En 1858 a igrexa pasou por outra reconstrución máis completa, conseguindo a súa forma de cruz presente,[1][3] durante a cal a entrada moveuse da fachada sur á torre.[3] O edificio trátase da única igrexa medieval de Gotland que pasou por unha reconstrución tan radical.[3]
Durante o século XX realizáronse outras dúas renovacións. A primeira foi entre 1967 e 1968 e incluíu a introdución de electricidade e calefacción. A última levouse a cabo entre os anos 2000 e 2001.[3]
O mobiliario da igrexa data de tempos da post-reforma agás a pía bautismal, realizada no século XIV. Os bancos e o púlpito son de 1761, feitos por un carpinteiro local chamado Magnus Möller. O retablo, feito con arenita e adornado cunha imaxe que representa A Última Cea, data do reinado de Carlos XI de Suecia. O órgano construíuse orixinalmente para a igrexa de Väddo en Uppland, pero foi traído a Fårö en 1875.[1]
Os obxectos menos comúns da igrexa son dúa pinturas que datan de 1618 e 1767. Foron realizadas en memoria dos cazadores de focas que durante o inverno quedaron illados en bloques de xeo á deriva sen poder regresar a terra, aínda que finalmente conseguiron salvarse. A máis antiga contén unha representación do castelo de Visborg en Visby.[1][2]
No cemiterio da igrexa atópase a tumba do director de cine Ingmar Bergman e da súa esposa Ingrid von Rosen. Ámbolos dous foron enterrados alí xuntos en 2007. O propio Bergman elixira o lugar.[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende o oeste
-
Interior da igrexa
-
Vista dende o aire
-
Retablo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. p. 144. ISBN 9129410355.
- ↑ 2,0 2,1 "Fårö kyrka och Fårö Infocenter" (PDF). Bertwig. Archived from the original on 14 de xullo de 2014. Consultado o 14 de xullo de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Kyrkan". Fårö församling. Archived from the original on 14 de xullo de 2014. Consultado o 14 de xullo de 2018.
- ↑ "Ingmar Bergman". Fårö församling. Archived from the original on 14 de xullo de 2014. Consultado o 14 de xullo de 2018.