Saltar ao contido

Igrexa de Norrlanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Norrlanda
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónNorrlanda
Coordenadas57°30′06″N 18°39′35″L / 57.50155, 18.65973
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
Páxina webhttps://www.svenskakyrkan.se/norragotland/norrlanda-kyrka
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Norrlanda (sueco: Norrlanda kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Norrlanda, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Unha primeira igrexa de pedra foi construída no mesmo lugar no século XII. A esa igrexa engadíuselle unha torre románica no século XIII, que é a que se atopa na presente igrexa e é a única parte que se conserva do primeiro edificio. A nave e o coro foron demolidos a finais do século XIII ou principios do XIV e substituídos por un novo coro e unha sancristía. Unha nova nave foi construída pouco despois, a mediados do XIV. Eses novos engadidos son de estilo gótico. Debido a esa reconstrución a torre semella desproporcionalmente pequena. En Gotland poden atoparse varias igrexas cun perfil semellante, como por exemplo as de Ardre e Hablingbo. Dende a Idade Media o edificio permaneceu case inalterado. En 1889 e en 1953-54 leváronse a cabo restauracións na igrexa.[1]

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

A igrexa está rodeada por unha muralla baixa, na cal sobreviven dúas lychgates medievais. No exterior da igrexa destaca o portal principal que contén algunhas das esculturas medievais menos comúns das que se atopan na igrexas da illa. Foi realizado no século XIV polo canteiro coñecido como Egypticus. As esculturas representan a Resurrección de Xesús (no frontón), e escenas dos primeiros anos da vida de Xesús e María (nos capiteis).[1]

No interior a igrexa está decorada con frescos medievais. Semella que todos foron elaborados polo artista coñecido como Passionsmästaren. Estes representan escenas da Paixón de Cristo, varios santos e escenas con demos e mulleres. Entre o mobiliario só a base da pía bautismal e a campá son medievais (dos séculos XII e XIII). A campá supostamente é a máis grande do século XIII de Suecia. O resto do mobiliario é principalmente do século XVIII e de finais do XIV.[1]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 215–218. ISBN 9129410355.