A igrexa actual foi construída durante a primeira metade do século XIII e substituíu a unha igrexa de pedra anterior da cal se conservan fragmentos no muro entre o coro e a nave. Do presente edificio, o coro é a parte máis antiga, coa nave e a torre construídas sucesivamente. Dende o século XIII ata o XV engadíronselle pinturas. Por algunha razón a torre nunca se rematou e non alcanzou a altura prevista orixinalmente.[1]
A igrexa ten dous portais na fachada sur, un que conduce ao coro, e outra máis grande na nave. O máis pequeno é o máis antigo e é de estilo románico, mentres que o principal é gótico e está máis decorado.[1] Ademais, hai unha entrada na fachada norte. As aperturas das fiestras son todas orixinais e non foron ampliadas en séculos posteriores.[2]
No interior a igrexa está decorada con frescos descubertos a comezos do século XXI. Estes representan a Paixón de Cristo e escenas da Biblia.[3] A igrexa ten varios obxectos medievais: unha cruz triunfal de finais do século XIII, unha pía bautismal dese mesmo século,[1] e unha escultura de madeira que representa á Virxe María.[3] O retablo é barroco, realizado en 1664, e o púlpito é de 1744.[1]
A igrexa foi restaurada en 1965-66,[1] e novamente a comezos dos anos 2000.[3]