Igrexa de Hejdeby
| Igrexa de Hejdeby | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Gotland | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Ocupante
| |||||||||
|
Diocese
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
A igrexa de Hejdeby (sueco: Hejdeby kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Gothem, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura
[editar | editar a fonte]A igrexa foi construída durante o século XIII. Primeiro levantáronse o coro e a nave nun estilo románico tardío, e por último construíuse a torre amosando influencias do gótico temperán.[1][2]
O interior da igrexa está ricamente decorado con frescos medievais. Estes datan de dous períodos distintos. Os máis antigos son do século XIII e representan a apóstolos, a coroación de María e a varios santos. O outro conxunto de frescos son do século XV e amosan escenas da Paixón de Cristo. A igrexa ten tamén unha cruz triunfal de principios do século XIII, unha pía bautismal medieval cunha tapa de madeira ricamente tallada, e un pouco común banco medieval. Outras pezas do seu mobiliario orixinal están a día de hoxe no Museo de Gotland en Visby.[1][2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Interior da igrexa
- Vista dende o aire
- Frescos
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 174–175. ISBN 9129410355.
- 1 2 Jonsson, Marita; Lindquist, Sven-Olof (1987). Gotlands fornsal, ed. Vägen till kulturen på Gotland. Visby. p. 101. ISBN 91-971048-1-7.